viernes, 4 de febrero de 2011

Agora é Isto





Preparativos da exposición comisariada por Nano 4814 que se inaugura o luns ás 20 h. e á que estades todos invitados. Como vai a cousa? Pois vai así:

Esta exposición nace como un intento de meter baixo o mesmo teito algunhas propostas interesantes dentro do panorama galego da arte contemporánea máis actual. Nun principio, inténtase coutar o campo de actuación a artistas relacionados coa escena da arte urbana ou o graffiti en Galicia e, aínda que finalmente non todos os artistas propostos traballan de forma activa na rúa ou simplemente o fixeron de modo tanxencial nalgún momento da súa traxectoria, todos reflicten dalgunha forma nas súas propostas a influencia da sociedade urbana contemporánea, do mundo da banda deseñada ou da ilustración, do post-graffiti e da cultura do faino ti mesmo.

Participan:

Víctor Hugo Costas
Alberto Gracia
Tronquis
Nano4814
Sekone
Pilas
Tayone
Luís Díaz

Lugar: Sala Normal. Espazo de Intervención Cultural de Riazor. Campus da Coruña.

making off

Cometas.

juntos

ente espacial

Pandiani